Lección maxistral |
Sesións nas que se abordarán os contidos teóricos da materia. As sesións maxistrais desenvolveranse mayoritariamente nas horas de grupo A. Posto que a materia ten unha dobre faceta, LINGUA E APRENDIZAXE, parte das sesións maxistrais tratarán os contidos da aprendizaxe das linguas estranxeiras e outra de certos aspectos lingüísticos e comunicativos do inglés. No caso de ausencia xustificada do profesor, ou de confinamento, este poderá propor actividades alternativas en liña, a través do campus remoto, Moovi ou moodle |
Presentación |
Técnicas grupales participativas/actividades autónomas tuteladas. As exposicións dos traballos desenvolveranse nalgún dos diferentes grupos, utilizando as horas que sexan necesarias para todas as presentacións, deste xeito todos os compañeiros poderán avaliar o traballo dos demais.
Nestas sesións cada alumno ou grupo de alumnos deberá expor oralmente na aula os seus proxectos no tempo establecido previamente polo profesor e a clase. Ao mesmo tempo as exposicións serán avaliadas polo resto da clase e autoavaliadas. No caso de confinamento, as exposicións realizaránse a través do campus remoto e poderán gravarse antes para evitar riscos de conexión. |