Educación: Educación para a saúde e a súa didáctica
Código
P02G110V01301
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
FB
2
1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Didácticas especiais
Coordinador/a
Lorenzo Rial, María Asunción
Correo-e
marialorenzo@uvigo.es
Profesorado
Lorenzo Rial, María Asunción
Web
Descrición xeral
O concepto actual de saúde está baseado nunha visión integral do ser humano, que inclúe, ademais dunha percepción física e psicolóxica, novas dimensións sociais e ambientais. Neste marco, a educación para a saúde convértese nun elemento esencial para o desenvolvemento integral das persoas. E débese entender dentro do contexto de promoción da saúde, que inclúe, non só accións a nivel individual, se non tamén actuacións orientadas a mellorar as condiciones de vida de toda a comunidade.
Así, a maioría dos currículos formais que existen actualmente incorporan gran parte dos contidos que trata a educación para a saúde. Desta forma, o Decreto que fixa as bases da Educación Infantil en Galicia establece como finalidade principal a de contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nenas e dos nenos.