Obradoiro |
Exercicios 3 e 4. Actividades enfocadas á adquisición de coñecementos e habilidades de manipulación e instrumentais sobre unha temática concreta, con asistencia específica por parte do profesorado ás actividades individuais que desenvolve o alumnado. Aumento do control dos medios utilizados na instalación, do espazo e da experiencia do espectador. |
Traballo tutelado |
Proxecto para un espazo. O alumnado, de maneira individual, elabora un proxecto sobre a temática da materia. Trátase, xeralmente, dunha actividade autónoma do alumnado que inclúe a busca e recollida de información, elaboración de materiais e presentación dos resultados. |