Seminario |
Avaliación conxunta e transversal dos traballos. |
10 |
|
B1 B2 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 B14 B16
|
C13 C21 C23 C24 C26 C33 C34 C35 C37 C39 C42 C44 C49
|
|
A avaliación estará referida á evolución persoal das capacidades de asimilación de información, a capacidade de argumentación, a axilidade mental, a improvisación, elección e decisión; o desenvolvemento da sensibilidade plástica, das habilidades perceptivas e destrezas construtivas na execución obxetual, a capacidade no manexo de fontes iconográficas e documentais, a coherencia entre formulacións e resultados; e as actitudes, vinculadas á curiosidade, disposición, laboriosidade, a iniciativa persoal, a participación no traballo común, a capacidade para enriquecer á discusión, etc. E supón a adecuación a catro criterios de avaliación: comprensión, fundamentación, falsación e trazabilidade. Esta avaliación será continuada, polo que a asistencia habitual é necesaria, xa que se desenvolverá de acordo á propia estrutura e calendario de exercicios propostos, cada un dos cales derivará unha cualificación acumulativa e cuxa presentación puntual será imprescindible. Dentro desta lóxica de avaliación continua, poderán eventualmente realizarse probas para verificar o grao de asimilación intelectual dos contidos, categorías e parámetros utilizados no curso.
Probas de avaliación da convocatoria de xullo: Segundo o calendario que se aprobará en Xunta de facultade e que se podará consultar na web
Probas de avaliación da convocatoria extraordinaria Fin de Carreira: Segundo o calendario que se aprobará en Xunta de facultade e que se podará consultar na web |