Valorarase a asistencia e a participación nas sesións.
20
C1 C2 C6
Traballo tutelado
Valorarase a dedicación e o nivel de implicación en cada traballo, así como a capacidade de aportar solucións creativas. Ademais de valorar capacidades de adaptación do resultado final á formulación inicial proposta, apreciaranse as habilidades adquiridas no manexo formal e conceptual dos materiais e experimentación técnicas.
50
C2 C9 C12 C14 C19 C20 C31 C42
Presentación
Consiste na presentación oral do traballo de aula realizado, debiendo argumentarse / xustificarse especificamente a solución adoptada . Valoraranse as capacidades de expresión oral e de transmisión da proposta, sendo fundamental a preparación previa do estudante en cada exposición.
30
C2 C6 C31 C36
Outros comentarios sobre a Avaliación
A asistencia sistemática, a implicación e a participación en clase son factores imprescindibles para a consecución dos obxectivos da materia. A actividade de docencia/aprendizaxe céntrase principalmente na resolución de traballos e exercicios na aula, polo que a asistencia puntual e participación en clase son factores imprescindibles para superar a materia. En consecuencia, e coa metodoloxía citada, establécese un sistema de avaliación contínua pola que cada estudante poderá coñecer a súa situación na adquisición dos obxectivos en relación a cada traballo desenvolvido e presentado.
No caso de non superar a materia no prazo normal que marca a convocatoria común, a proba extraordinaria consistirá na repetición dos exercicios ou, noutros casos, nun maior desenvolvemento dos exercicios relacionados coas competencias que non foron acadadas no seu nivel mínimo esixido.
O alumnado que non haxa realizado durante o cuadrimestre os 2/3 dos exercicios propostos, na convocatoria extraordinaria deberá levar a cabo un traballo práctico específico, na aula de exame, relativo aos contidos da materia, ademáis de presentar os traballos suspensos ou non presentados levados a cabo durante o curso.
Datas de convocatorias extraordinarias:
http://belasartes.uvigo.es/gl/docencia/exames/
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000