.- Utilizarase a plataforma Moovi da Universidade de Vigo, para manter comunicación académica-docente con a/o estudante (documentación, anuncios, cualificacións, etc), para o cal será preciso, que ao inicio do cuadrimestre, a/o estudante revise se está correctamente dada/o de alta en dita plataforma.
.- A/O estudante deberá entregar a profesora de seminarios, na 1ª semana do inicio do cuadrimestre no que se imparte a materia, a ficha da/o estudante debidamente cumprimentada. De igual xeito a/o alumna/o deberá incluir a súa foto na plataforma virtual da materia no Moovi.
.- Tutorías: serán previa cita, a/o estudante deberá enviar un correo electrónico ao docente correspondente*.
*Enderezo de correo electrónico dos docentes da materia:
alina.rodriguez.rodriguez@uvigo.es
cesar.vicos@uvigo.gal
raquel.perez.rodriguez@sergas.es
.- Será de obrigado cumprimento por parte da/o estudante, o establecido no art.39 do código ético, do "Título VII. Do uso de medios ilícitos", do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (aprobado no claustro da UVigo o 18 de abril de 2023), que implica a renuncia ao emprego de medios, prácticas e/o dispositivos non autorizados ou que poidan implicar un aproveitamento ilexítimo do traballo alleo, a apoderarse indebidamente do contido de probas ou examenes, a utilizar indebidamente contidos ou medios de reprodución e de gravación das actividades universitarias; así como asumir as consecuencias que ocasione o incumprimento do devandito compromiso e as sancións que se derivasen deste, de acordo con o previsto polo artigo 11 g) da Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria, cumprindo ademais co código ético da Universidade de Vigo.
|