O alumnado examinarase das partes non superadas na 1ª edición, as condicións serán as mesmas.
CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA
1. PROBA OBXECTIVA tipo test da TOTALIDADE da materia con 4 alternativas de resposta e só unha delas será a correcta. Cada resposta errónea descontará o 25% da puntuación da resposta correcta, as preguntas non respostadas non restan puntuación.
Para superar a materia haberá que obter, despois de aplicar a fórmula, unha puntuación de 5 puntos sobre 10. 100%
Outros comentarios
As datas oficiais de exame marcadas para esta materia, nas dúas edicións correspondentes, poderán consultarse na páxina web http://euenfou.webs.uvigo.es/index.php/gl-es/profesorado/exames-grao así como no taboleiro de anuncios do centro.
Utilizarase a plataforma Moovi da Universidade de Vigo, para manter comunicación académica-docente, co alumnado (temario, anuncios, cualificacións, etc) para o que será necesario, que ao comezo do cuadrimestre, o alumnado revise individualmente, si está correctamente dado de alta na plataforma, para así poder utilizar este servizo.