O obxectivo desta materia é que o estudantado coñeza e domine distintas técnicas e métodos, necesarios tanto para outras materias como para o exercicio profesional: os principais métodos numéricos para resolver grandes sistemas lineares e non lineares, problemas de valor inicial e de contorno e a aplicación do método de elementos finitos.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado:
a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés,
b) atender as titorías en inglés,
c) probas e avaliacións en inglés.