A avaliación será de tipo continuo, salvo que o estudantado renuncie a ela polo procedemento oficial pertinente. Neste caso, a avaliación realizarase exclusivamente mediante un exame escrito, que abarcará o 100% da calificación. Este enfoque específico de avaliación denominarase avaliación global. A calificación obtida para as prácticas de laboratorio, conservarase para avaliación de segunda oportunidade e oportunidade de fin de carreira. En ditas convocatorias o 90% restante da calificación obterase mediante un exame escrito, nas datas establecidas pola centro, con contidos teóricos e/ou prácticos. Estudantes que renuncian oficialmente á avaliación continua Neste caso, a nota obtida no exame final representará o 100% da calificación. O/a estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. Prácticas de laboratorio A parte presencial correspondente a cada práctica realízase nunha data específica, polo que non é posible recuperar as faltas de asistencia. Excusaránse puntual e excepcionalmente as prácticas non realizadas nas que o/a estudiante presente un xustificante oficial (médico, xulgado, ...) debido a razóns inevitables de forza maior. Probas de avaliación O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE atópase publicado na páxina web http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames. A duración máxima dun exame será de 3 horas se non hai pausa ou de 5 horas se hai unha pausa intermedia (sendo 3 horas o máximo para cada parte). Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación a menos que este estea expresamente autorizado. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da materia no curso académico actual e a nota global será de suspenso (0,0). Compromiso ético Espérase que o/a estudiante presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, uso de dispositivos electrónicos non autorizados e outros) consideraráse que o/a estudiante non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a nota global no curso académico actual será de suspenso (0,0). Observación No caso de discrepancia nas versións entre idiomas desta guía, prevalece a versión en castelán. |