Prácticas de laboratorio |
Valorarase a entrega de informes do contido desenvolvido nas prácticas de laboratorio. |
20 |
|
B1
|
C11 C18 C19
|
D1 D3 D4 D5 D6 D8 D13
|
Traballo |
Presentación oral por grupos dun tema proposto durante o desenvolvemento da materia. |
20 |
|
B1
|
C11 C18 C19
|
D1 D3 D4 D5 D6 D8 D13
|
Os datos correspondentes a horarios, aulas e datas de exames poderán consultarse de forma actualizada na páxina web do centro: http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames Para aprobar a materia nesta convocatoria será necesario acadar como mínimo o 40% da nota máxima en cada unha das probas avaliadas. De non alcanzarse dito 40% nalgunha proba, a nota final estará limitada por 4.9. A nota da avaliación continua conservarase para o exame de segunda oportunidade.
Queda prohibido o uso de calquera tipo de dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir calquera dispositivo non autorizado na aula durante a proba de avaliación será considerado motivo de non superación da materia. Nese caso o alumno obterá a cualificación de 0 (suspenso). As probas de avaliación continua realizaranse dentro do horario lectivo.
O estudantado ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. A/o estudante ten dereito a optar á avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. No caso de optar pola avaliación global, a materia avaliarase cun exame que incluirá contidos desenvolvidos nas clases teóricas e os contidos e problemas desenvolvidos durante as prácticas. A mesma metodoloxía aplicarase para a avaliación na convocatoria de fin de grao. |