SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA PROBAS TEÓRICAS Descrición: Constará de varias probas a realizar ao longo do período
formativo vinculado á materia e que incluirán a avaliación de conceptos
teóricos, de identificación dos modelos de optimización adecuados e das
interrelacións entre optimización matemática e aprendizaxe automática. Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios % Cualificación: ningunha superará o 10%. Competencias avaliadas: Todas. Resultados de aprendizaxe
avaliados: RA1, RA3, RA4. ---------------------------------------------------------------------------- PROBAS PRÁCTICAS Descrición: Constará de varias probas a realizar ao longo do período
formativo vinculado á materia e que incluirá a resolución de problemas e/ou
exercicios. Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios % Cualificación: ningunha superará o 40%. Competencias avaliadas: Todas. Resultados de aprendizaxe
avaliados: Todos. ---------------------------------------------------------------------------- PROBA FINAL Descrición: Incluirá a avaliación de conceptos teóricos, prácticos e resolución
de problemas e/ou exercicios co obxectivo de comprobar que o alumnado haxa
afianzado os contidos da asignatura. O estudante que haxa obtido unha nota igual ou superior a 5
puntos (sobre 10) na media ponderada do conxunto de todas as probas
realizadas ao longo do período formativo vinculado a asignatura está exento de realizar esta proba. Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios % Cualificación: 100%. Competencias avaliadas: Todas Resultados de aprendizaxe
avaliados: Todos ----------------------------------------------------------------------------
- Se un estudante non se presenta a algunha das
probas, salvo na proba final, asignaráselle unha cualificación de 0 nela.
SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL Procedemento para a elección da
modalidade de avaliación global: O estudantado deberá de comunicar ao coordinador da
materia a renuncia ao sistema de avaliación continua antes do último día do
período formativo vinculado á materia. PROBA DE AVALIACIÓN GLOBAL Descrición: Proba que incluirá a avaliación de conceptos teóricos, prácticos e
resolución de problemas e/ou exercicios. Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios % Cualificación: 100%. Competencias avaliadas: Todas Resultados de aprendizaxe
avaliados: Todos
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARREIRA Empregarase o sistema de avaliación global.
PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS Para a cualificación en actas terase en conta a
seguinte casuística:
- Os estudantes que opten polo sistema de avaliación
global recibirán a cualificación obtida na proba de avaliación
global.
- Os estudantes que opten polo sistema de avaliación
continua:
- Se se presentan á proba final recibirán
a cualificación obtida en devandita proba final.
- Se non se presentan á proba final:
- Se obtiveron unha nota media ponderada
inferior a 5 puntos (sobre 10) nas probas teóricas e prácticas, recibirá
a cualificación de "Non presentado".
- Noutro caso, recibirá a nota media ponderada
das probas teóricas e prácticas como cualificación final.
DATAS DE AVALIACIÓN As datas das probas correspondentes ao sistema de
avaliación continua publicaranse no calendario de actividades, dispoñible na
páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/. As datas oficiais de exame das diferentes
convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse
publicadas na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/. PROCEDEMENTOS FRAUDULENTOS Aquel estudante que utilice ou coopere en
procedementos fraudulentos (copiar, presentarse por outro alumno, plaxio, ...)
nalgunha das actividades de avaliación (artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante
Universitario ) terá unha cualificación final de suspenso neste curso
académico. Este feito seralle comunicado á autoridade competente para que tome
as correspondentes accións disciplinarias que considere oportunas. CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS As titorías poden consultarse a través da páxina
persoal do profesorado, accesible a través da https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/. |