As datas oficiais dos exames poden
consultarse na web da Facultade de Educación e do Traballo Social no espazo datas de
exames 2023/2024. Aplicarase un sistema de avaliación continua de
contidos e de competencias traballadas na materia. O alumnado que ao longo do
cuadrimestre superase as probas e os traballos, que se realizan periodicamente,
non terán que presentarse na convocatoria oficial da Facultade. Por tanto, as partes da materia superadas na 1ª
oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, en
consecuencia, como aprobadas nese curso académico. 1) Avaliación continua. Inclúe proba obxectiva, estudos de caso, presentación
de proxectos e actividades autónomas titorizadas que serán entregadas na
plataforma virtual, que se utilice na materia (i.e., MOODLE). Ademais, valórase
positivamente a participación do alumnado en encontros científico-académicos
recomendados pola súa contribución ao coñecemento da materia, así como a
realización e participación en actividades adicionáis, de carácter voluntario,
que axuden pola súa aportación e interés a avanzar na comprensión da materia. 2) Avaliación global. Inclúe proba obxectiva, estudos de caso, presentación
de proxectos e actividades autónomas titorizadas que serán entregadas na
plataforma virtual, que se utilice na materia (i.e., MOODLE). Ademais, valórase
positivamente a participación do alumnado en encontros científico-académicos
recomendados pola súa contribución ao coñecemento da materia, así como a
realización e participación en actividades adicionáis, de carácter voluntario,
que axuden pola súa aportación e interés a avanzar na comprensión da materia. Será de obrigado cumprimento informar á profesora da
materia, ao comezo do curso, que se optará pola modalidade de avaliación global,
co propósito de poder propor e orientar sobre tema obxecto de estudo no
traballo tutelado. O alumnado que opte por esta modalidade deberá entregar as
prácticas na plataforma MOODLE no prazo establecido, na materia. O
traballo debe ser presentado, preferiblemente na aula. Será considerado na modalidade de avaliación global o
alumnado que polo xeral aqueles que non consigan o 80% de asistencia. De non ter superada a materia, as competencias non
adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo. Segunda convocatoria, xullo. Valórase a evolución do progreso do alumnado na
adquisición de competencias. O alumnado só se ten que examinar dos contidos e
destrezas que non chegou a superar na convocatoria de xullo, ao conservarse a
cualificación das competencias adquiridas. O alumnado terá de data límite para
entregar o dossier de prácticas, os estudos de caso e o estudo bibliográfico, o
día do exame oficial publicados na páxina web da Facultade de Ciencias da
Educación. A proba obxectiva levará a cabo o día do exame oficial
publicados na páxina web da Facultade de Educación e do Traballo Social. A cualificación final será resultado do nivel de
competencia conseguida, con relación aos obxectivos da materia, na convocatoria
de xuño e xullo. O alumnado que opte pola avaliación global debe
planificar o tema obxecto de estudo do traballo tutelado dende inicio do curso,
e a súa presentación farase o día do exame oficial, previa entregada do mesmo
na plataforma MOOVI. En coherencia co carácter inclusivo
que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá
ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Esta materia enmárcase nunha
Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas.
Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base
a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de
sustentabilidade (ODS).
|