Para que se contabilice na nota final a proba tipo test, a/o estudante deberá obter nela (polo menos) unha nota de 5 puntos sobre 10.
En caso de non superar o exame tipo test, na acta aparecerá a nota obtida no exame. Para calcular a nota final da materia, computaranse conxuntamente as probas de Traballo tutelado (4 puntos) e de Seminario (2 puntos). Polo tanto, cunha puntuación conxunta igual ou superior a 3 puntos, consideraranse "Aprobadas" ambas probas. Indícase, así mesmo, que se conservarán as cualificacións das competencias superadas en xuño para a seguinte convocatoria de xullo, na cal os alumnos e as alumnas (coa materia suspensa en xuño) avaliaranse só das competencias/probas non superadas na convocatoria anterior. Respecto ao traballo tutelado suspenso, indicaranse os aspectos xerais que deben ser mellorados. As/os estudantes non asistentes deberán presentarse á proba de tipo test co mesmo temario e tipo de preguntas que os asistentes (ata 50% da nota); tamén se lles poderá entregar algún outro material (adicional ao do alumnado asistente) para este exame final. Ademais, deberán entregar algún(s) traballo(s) de investigación teórico-práctico(s) sobre algunha das temáticas da materia (ata 35% da nota). Este(s) traballo(s) deberá(n) ser previamente consensuado(s) co docente da materia polo menos 2 meses antes do exame coa finalidade de poder levar a cabo una titorización adecuada do(s) mesmo(s) durante este período de 2 meses (polo menos, con 2 tutorías presenciais). A actividade de "Presentación" será obrigatoria para o alumnado non asistente. Nela, a/o estudante non asistente presentará o(s) seu(s) traballo(s) e relacionaráo(s) con diferentes temas do temario (ate o 15% da nota).
As datas do exame final correspondente ás convocatorias de maio-xuño e xullo poderanse consultar no taboleiro de anuncios da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense e tamén na súa web. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT) |