Tendo en conta o carácter lingüístico e didáctico desta materia preténdese reforzar o nivel de competencia comunicativa na lingua estranxeira e igualmente é un obxectivo fundamental o ofrecer ao alumnado unha visión metodolóxica sobre o ensino da lingua estranxeira nas aulas de Primaria.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais
poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o
seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións
en inglés.