Para superar a materia é imprescindible acadar o 50% en cada apartado da avaliación. Para optar a avaliación continua e formativa da materia será imprescindible asistir a máis do 80% das clases teóricas e prácticas. Para o alumnado non asistente ou que non acade o 80% da asistencia, a avaliación constará de duas probas: unha de competencias teóricas (40%) e outra de competencias prácticas (60%). Avaliación de competencias teóricas 40% | Avaliación de competencias prácticas 60% | Constará dunha proba obxectiva de competencias teóricas. O manual de referencia para esta parte é o seguinte: Granda, J. e Alemany, I. (2003). Manual de aprendizaje y desarrollo motor. Paidós. | Constará dunha serie de preguntas que versarán sobre os procedementos e competencias desenvolvidas nas clases prácticas. |
De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xuño-xullo. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a
Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para
atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado
adscrito ao programa PIUNE (PAT) As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade http://webs.uvigo.es/educacion-ou/ no espazo "datas exames". É importante a participación nas primeiras sesións da materia para comprender o proceso do seu desenvolvemento. Toda a información necesaria para superar a materia atópase na plataforma Moovi a disposición do alumnado. Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.
|