Desenvolvemento das capacidades do alumnado para a análise das competencias necesarias para coñecer o xogo, os procesos do seu desenvolvemento no neno e a súa capacidade para aprender con el.
O coñecemento do xogo no neno, así como o deseño de actividades e estratexias destinadas a promovelo, son aportacións que desde esta materia se fan ao perfil dos mestres en xeral e de forma especial aos de Educación Infantil. A súa adecuación ao perfil da titulación vén dado pola necesidade de coñecementos que teñen os docentes dese ciclo sobre o xogo, da súa evolución e das actividades que axudan na aprendizaxe.