A importancia da creatividade artística no contexto da educación, da arte, da cultura e da sociedade contemporáneas resulta indiscutible por canto a transformación e a diversidade dos patróns culturais están estreitamente vinculados co potencial da imaxinación construtora e da carga emotiva da obra de arte, co desenvolvemento dun pensamento orixinal e innovador e cunha forma de actuar diverxente que orienta e promove o desenvolvemento de obras artísticas novas e orixinais.
Co taller da creatividade o alumno estuda os patróns estéticos subxacentes na contorna servíndose da investigación na plástica e promovendo desta forma unha educación máis integral, unha concepción máis aberta e diverxente, un novo modelo idealista que xera descubrimentos co estudo das distintas técnicas artísticas e crea desta forma novas obras baixo unha concepción didáctica na que se potencia a sensibilidade respecto á contorna artística-plástico e a formación estética.