A especialidade de Grao de Educación Infantil esixe que o futuro docente posúa un dominio amplo en diversos aspectos da lingua. Ademais do dominio lingüístico, indispensable, preténdese unha formación en literatura e sociolingüística. Os obxectivos desta materia son, pois, lingüísticos e literarios.
A disciplina está concibida para profundar en coñecementos non impartidos en cursos anteriores ou que os complementan (literatura, historia da lingua e lingua e sociedade) para fornecerlle ao alumnado os rudimentos necesarios para a comprensión e análise de textos literarios prosísticos e poéticos.