Adquisición de coñecementos tanto a nivel profesional como na vangarda dos estudios de patrimonio cultural e museos e poderán poñer en práctica as principais técnicas de traballo co patrimonio cultural, así como coñecer as achegas antropolóxicas neste ámbito do coñecemento e da práctica.
Serán capaces de analizar a realidade social e cultural relacionada co patrimonio cultural e natural de forma que poidan elaborar, emitir, difundir e defender argumentos e resolver problemas en relación co traballo patrimonial.
Saber traballar de forma autónoma e en equipo aplicando os coñecementos teóricos, con capacidade crítica e de acordo a consideracións éticas propias do traballo patrimonial.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000