Establécense dous
sistemas de avaliación: continua (probas e actividades desenvolvidas ao longo
do cuatrimestre) e global (datas oficiais de exame para cada oportunidade de
avaliación establecida no calendario académico), entre os que o alumnado poderá
elexir. Para superar a avaliación contínua o alumnado deberá acadar una
calificación mínima do 50% en cada un dos ítems de avaliación. En caso de non
acadar a calificación mínima nalgún dos ítems de avaliación, a máxima nota
posible será a máis alta dentro do suspenso (Artigo 32.2 do Regulamento sobre a
Avaliación da Universidade de Vigo, do 2023). O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de
presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir
e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos
seguintes recursos: Curso virtual naplataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo
electrónico. Docencia presencial:seguimento na aula. Docencia nonpresencial:
Campus Remoto (enlace en MooVi). Os estudantes que
se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do
Curso Virtual na plataforma deteledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que
permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e
a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos
como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a
través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados
cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras
alleas, dándoas comopropias" (dle-rae). Para todo o
alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as actividades de
avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente
establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a
través das TIC farase apartir das ferramentas propias da plataforma
(participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en
liña, etc.). Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a
modalidade de "avaliación global" deberán comunicalo ao profesorado
responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada
cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a
calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade
de Vigo, do 2023). O estudantado que opte pola modalidade de avaliación global
será avaliado do programa da materia mediante una proba teórica (60%) e un
traballo obrigatorio a consensuar co profesorado (40%) |