O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e o seminario de informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi). Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, asactividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a partir dasferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). Aqueles estudantes que elixan ser avaliados
mediante a modalidade de “avaliación global deberán comunicalo ao
profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio
de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a
calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do
estudantado da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non se acollan á avaliación continua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta. Os mesmo requirimentos que rexen para as convocatorias ordinarias farano para a de xullo e outras convocatorias |