Existen dúas forma de avaliar: avaliación continua e avaliación global. O prazo para mudar de avaliación continua a global e do 11 de setembro a 11 de outubro. - Avaliación non continua, farase un traballo final proposto polo profesor.. Esta proba é destinado a avaliar a comprensión dos conceptos adquiridos na materia, asumindo o 100% da nota, e avaliar así, tanto os conceptos de materia, como a claridade da exposición e a utilización gramatical e ortográfica correcta usados naquelas partes que o requiran. - Avaliación continua, Realizaranse tres traballos, é necesario superar os dous por separado (nota mínima 5) para superar a materia. Estas probas de avaliación continua estarán dirixidas a avaliar as actividades desenvolvidas polo alumno ao longo do desenvolvemento das clases, nas que se valorará a correcta realización das tarefas encomendadas, que poden incluír a resolución de cuestionarios, estudos de caso, traballos individuais ou en grupo, y la realización e exposición oral de traballos dalgúns dos temas acordado co profesor. Neste bloque presencial poderase valorar a participación do alumno. Os estudantes para aprobar a materia deben obter por un u outro sistema de avaliación unha nota igual ou superior a 5 puntos. - Para aprobar a materia o alumnado deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos. Aqueles traballos non superados serán presentados de novo na convocatoria oficial de xaneiro. - Segunda oportunidade: en caso de non superar a avaliación continua, os traballos non superados serán presentados de novo na convocatoria oficial de exames de xullo. - As datas e horarios das probas deavaliación das distintas convocatorias son as especificadas no calendario deprobas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2023-2024. Encaso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán asindicadas na páxina web da FCETOU. |