Investigación comercial é unha materia obrigatoria que consta dun total de 6 créditos ECTS que se
corresponden con 150 horas de traballo do alumno, das cales 50 son actividades presenciais, mentres que o
resto serán actividades de traballo persoal.
Esta materia pretende que o estudante adquira unha visión ampla das diversas técnicas de recollida da
información e se familiarice cos sistemas de análise e interpretación dos datos. O obxectivo final da materia
é que o alumno sexa capaz de desenvolver un proceso de investigación comercial