Lección maxistral |
Exposición dos contidos básicos para o desenvolvemento e aprendizaxe da materia |
Estudo de casos |
Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. Realizarase durante as clases dos grupos medianos. |
Traballo tutelado |
O/a estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Parte do traballo realizarase durante as clases dos grupos pequenos. |