Seminario |
Atenderanse as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. Para a atención das titorías, utilizaranse medios non presenciais -fundamentalmente, os despachos virtuais dos profesores da Universidade de Vigo e correos electrónicos, foros e outros medios telemáticos-.As titorías do profesorado da materia e/ou o correo electrónico no que poden solicitarse poden consultarse na páxina web do Mestrado nas seguintes ligazóns, en función do docente ou letrado da materia a quen se solicita orientación:
Prof.ª Francisca Fernández Prol http://masteravogacia.webs.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/francisca-fernandez-prol/
Prof.ª Marta Fernández Prieto http://masteravogacia.webs.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/marta-fernandez-prieto/
O enderezo electrónico dos avogados que imparten docencia na materia (Pablo Guntiñas Fernández, Benjamín Mayo Martínez e Roque Méndez Robleda) poden consultarse na ligazón http://masteravogacia.webs.uvigo.es/gl/docencia/profesorado/ na Listaxe de persoal docente – avogados profesionais - área laboral
|
|