Na primeira convocatoria os alumnos haberán de asistir a clase para beneficiarse da avaliación contínua (con máis de 5 ausencias sen xustificar perderase o dereito a avaliación continua) que consiste na recollida de tarefas e actividades de clase ou casa a entregar, ademais de presentacións de simulacións orais a entregar (60 % da nota final). Para avaliación continua será necesario traer a diario o método de lingua francesa: RIEHL, SOIGNET, AMIOT, Le français des relations internacionales et européennes, Objectif Diplomatie 1, ed. Hachette, nouvelle édition, 2017. A avaliación continua inclúe un control a mediados do cuatrimestre e outro ao final, o último día de clase (total: 40% da nota final). Os controis poderán incluir algún tipo de proba oral de expresión como parte da nota. Haberá de alcanzarse cando menos unha media de 5 no conxunto dos dous controis (40% da nota final) para facer media coas notas das tarefas de clase que haberá de ser como mínimo un 5 (60 % da nota final). Os alumnos que non asistan a clase con regularidade e non entreguen as tarefas da avaliación continua ou que non aproben durante o curso poderán presentarse ao exame final en primeira convocatoria previsto pola xunta de facultade, así como aqueles que queiran subir nota. Neste caso o examen final consistirá nunha proba con preguntas obxectivas que pretende avaliar as 4 competencias da lingua extranxeira (100%). Os alumnos que non superen a avaliación contínua durante o curso, nin o exame da primeira convocatoria, haberán presentarse ao exame final de 2da convocatoria previsto pola Xunta de facultade. O exame consitirá nunha proba de preguntas obxetivas incluindo un exercicio de expresión oral como parte da nota (100%). As datas , horarios e lugar de realización das probas de avaliación serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobados pola xunta de facultade para o curso 2023-2024.
As
cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da
Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e a todo o
estudantado matriculado. De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar
ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou
precisións publicaranse no mesmo soporte telemático |