Avaliación
continua: - A avaliación das/os estudantes
matriculadas/os na materia farase atendendo aos criterios explicados na
guía docente. - A avaliación continua implica unha
asistencia mínima a un 80% das aulas (teóricas e prácticas) - A
avaliación será preferentemente continua, o estudantado que renuncie á
avaliación continua poderá optar pola avaliación global. Deberá
comunicalo ao docente no prazo establecido polo Centro dun mes.
Avaliación global: - Deberán
realizar as prácticas (20%). Información dispoñible
na plataforma Moovi para o estudantado do campus de Ourense. - Examen (80%)
Para superar a materia, os/as estudantes deberán aprobar cada unha das partes, as probas teóricas (exame) e a práctica (avaliación continua) cun mínimo de cinco. As/os estudantes que entreguen os traballos e tarefas fóra dos prazos acordados non se lles computará esa parte da cualificación en cada caso. A cualificación obtida na avaliación continua desta modalidade asistencial será sumada á obtida no exame da primeira convocatoria e, no seu caso, a segunda convocatoria, a condición de que aproben cada unha das partes cun mínimo de 5. IMPORTANTE: Será requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da mesma poida dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada[1] do alumnado que deberán subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de setembro. SEGUNDA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIAAs actividades/competencias/probas non superadas durante a 1ª convocatoria común (xaneiro) poderán ser recuperadas na 2ª convocatoria extraordinaria. As partes da materia superadas na 1ª convocatoria, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, por tanto, como aprobadas nese curso académico. Non se gardarán notas dun curso a outro. A 1ª convocatoria, no caso de non superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise efectiva na convocatoria de xullo. DATAS E HORARIOS DOS EXAMES E PROBAS:As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade. As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da UVigo da materia e ao estudantado matriculado. De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático. ____________________________________________ [1] A única finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a identidade do alumnado matriculado na mesma. A base de lexitimación para o tratamento deste dato realizarase en aplicación do disposto no artigo 6.1e do RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados na Lei 39/2015 no RD 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario. O acceso á imaxe e aos datos persoais do alumnado só será permitido ao profesorado de cada materia para a realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o correspondente deber de confidencialidade dos mesmos. Máis información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos |