Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Sociais. Xeografía e Historia
A materia de Ciencias Sociais na Educación Secundaria I ten por obxecto introducir ao alumnado no proceso de construción científica e metodolóxica das Ciencias Sociais, a Xeografía e a Historia e ao seu tratamento e evolución no sistema educativo español, con especial referencia á súa situación no actual currículo de Educación Secundaria e Bacharelato.