Aprendizaxe baseado en proxectos |
O profesorado para o desenvolvemento de diferentes actividades a partir da integración de prácticas con TIC, microdeseños, análise de situación/problemas ou casos, etc. facilitará ao alumnado, tanto de forma presencial coma virtual (principalmente a través de email, de Faitic ou doutras plataformas da nube), apoio puntual e controlado para prociciar progresivamente a súa capacidade de autonomía. |
|
Traballo tutelado |
Atenderanse as demandas puntuais que presente o alumnado de forma personalizada ou grupal.
Ofreceranse as directrices e supervisión oportuna para o desenvolvemento da aprendizaxe,
vinculando coa actividade autónoma do estudante.
Esta atención personalizada ó alumnado tamen se realizará a través de:
-Titorización presencial: No despacho do profesorado ou por teléfono en horario de titorías.
- Titorizacións vía correo electrónico: para atender a incertidume e dúbidas urxentes sobre a
realización dos traballos, actividades, exames, etc.
- Teleformación coa plataforma Faitic: para comunicados/avisos, entrega de documentos/materiais,
envío de actividades/exercicios, etc. |
|