A avaliación é continua
(modalidade de avaliación preferente) aínda que o alumnado poderá dispoñer como
alternativa, de probas de avaliación global. Aqueles alumnos que desexen
realizar a Avaliación Global (100% da nota do exame oficial) deberán comunicalo
ao responsable da materia, por correo electrónico ou a través da plataforma
Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o inicio da impartición da
docencia da materia. O/a alumno/a que opte por examinarse en fin de carreira será evaluado únicamente co examen (que valerá o 100% da nota). En caso de non asistir a dito examen, ou de non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo modo que o resto de alumnos/as. Os/as estudantes que teñan responsabilidades laborais debidamente xustificadas, realizarán unha entrevista persoal onde se lle farán preguntas sobre o traballo presentado. Datas de exámes: Fin de carreira: 29/09/2023 as 16 h 1ª edición: 19/01/2024 as 10 h 2ª edición: 15/07/2024 as 10 h En caso de erro
na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e
publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro |