Sistema de avaliación: a modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aquel alumno que desexe a Avaliación Global (100% da calificación no exame oficial) debe comunicarllo ó responsable da materia, por email (guillermo.guada@uvigo.gal) nun prazo non superior a un mes dende o comienzo da docencia da materia. PRIMEIRA E SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (Maio-Xuño e Xullo 2024): AVALUACIÓN CONTINUA: Para aprobar a materia será necesario aprobar o exame, que representa o 60% da nota final (preguntas obxectivas 20% y preguntas de desenvolvemento 40%), así como cada unha dos seus partes. Cada parte representa a materia da materia impartida polas dúas Áreas de coñecemento involucradas na docencia da materia (botánica cun 30% e ecología cun outro 30% da nota final). Superado o exame, á nota obtida se lle sumará a calificación obtida nas probas de avaliación continua realizadas durante o curso (problemas, estudos de casos e traballos tuteados) e que serán levados a cabo tanto de forma individual como en grupo e que deberán entregarse dentro dos prazos establecidos polo profesorado, que se comunicarán ao alumnado a través da plataforma MOOVI. A asistencia a clase non é obrigatoria, con todo o sistema de aviación será o mesmo para todos os alumnos, polo que se recomenda a asistencia ás saídas de campo e aos seminarios. No caso de non asistir a estas convocatorias, ou non aprobalo, o alumnado pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto dos alumnos en próximas convocatorias; en ningún caso gardaranse as notas dos traballos presentados na avaliación continua. CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: O alumno que opte por examinarse en Fin de Carreira será avaliado mediante un exame único baseado nos contidos impartidos na materia e que por tanto valerá o 100% da nota. En Segunda oportunidade (xullo) o alumnado que se presente poderá optar ao 100% da calificación si así o deséxa e maniféstao por escrito previo á realización da proba. DATAS DOS EXAMES: Fin de carreira: 28 de setembro 2023 ás 16h 3 de xuño 2024 ás 10h 12 de xullo do 2024 ás 10h En caso de erro, as datas válidas serán as que figuren na web da Facultade de Ciencias e nos taboleiros informativos situados no vestíbulo do centro. |