A avaliación continua (AC, 40%) será avaliada mediante o traballo e as probas obxectivas; os que renuncien oficialmente á AC terán que realizar un cuestionario específico (CE) na primeira oportunidade da convocatoria do curso.
Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo), os alumnos que realicen a AC poderá escoller entre conservar a nota de AC ou realizar a CE da segunda oportunidade.
A convocatoria Fin de Carreira avaliarase integramente mediante un exame (100%), é dicir, non se terá en conta a AC do curso anterior.
Utilizarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003, do 5 de setembro, BOE do 18 de setembro).
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento
ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia,
plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso
académico será de suspenso (0.0). Non se
permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as
probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir
un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será
considerado motivo de non superación da materia no presente curso
académico e cualificación global académico será de suspenso (0.0). |