Alumnos con avaliación continua: Aqueles alumnos que obteñan polo menos o 50% da nota da proba práctica que se realizará a metade do cuatrimestre (semana do 5 a o 9 de novembro de 2018) poden optar por liberar esa materia no exame final. -Para poder presentar as memorias dos estudos de casos propostos é necesario asistir polo menos a o 80% das clases prácticas. En caso de non asistir polo menos a o 80 % das clases prácticas a nota de esta parte será de 0,0. -Na segunda convocatoria consérvase a nota da avaliación continua. Alumnos con renuncia oficial a a avaliación continua: -Para aqueles alumnos con renuncia a avaliación continua concedida oficialmente polo centro o exame final incluirá unha parte específica dos casos prácticos e valerá o 100% da nota. Compromiso
ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar
un comportamento non ético (copia, plagio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. En este caso a cualificación
global no presente curso académico será acorde a normativa vigente. |