Educational guide 2022_23
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Experimentación en química industrial I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Considerarase a asistencia, a actitude, a participación e a calidade do traballo realizado no laboratorio.
Os informes deberán ser entregados individualmente na semana seguinte á realización da práctica, e sempre antes de realizar unha nova sesión de laboratorio. Considéranse varios formatos diferentes de presentar os resultados das prácticas: presentación como póster, artigo de investigación, etc.

As competencias CG3, CG4, CT6 CT9, e CE21 avalíaranse en base á entrega do alumno/á o terminar cada unha das prácticas, dependendo do formato, por rúbrica.
A competencia CT17 avalíase en base ó traballo realizado no laboratorio, onde as prácticas realízanse en grupos de 2 alumnos.
25 B3
B4
C21
D9
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Exercicios e/ou probas parciais que se fagan e entreguen ao profesor ao longo do curso, relacionados cos contidos da materia.
Ao longo do cuadrimestre realizaranse varias probas e cada alumno/a deberá entregar varios exercicios resoltos de forma autónoma.

As competencias CG3 e CG4 avalíanse en función das respostas do/a alumno/a ás preguntas de teoría e da resolución dos problemas expostos. En ambos casos, o/a alumno/a, deberá aplicar coñecementos específicos desta materia xunto con coñecementos de materias básicas cursadas con anterioridade.

As competencias CT2, CT9, CT10 e CE21 avalíaranse coa resolución, por parte do/a alumno/a, de problemas relacionados co temario. Neste caso, ademais de saber aplicar coñecementos, tamén deberá demostrar a súa capacidade para
resolver problemas de maneira autónoma
25 B3
B4
C21
D2
D9
D10
Práctica de laboratorio Realizarase unha proba final en forma de exame ou traballo na que os alumnos deberán mostrar as destrezas adquiridas nas sesións de prácticas. Nesta proba deberase expor e desenvolver un proceso experimental combinando varias das técnicas estudadas nas sesións de laboratorio

As competencias *CG3, *CG4, CE21, *CT10 avalíanse coa proposta realizada para a resolución do problema experimental exposto

As competencias CT2, CT6, CT9 e CT10 avalíanse en base á calidade do traballo realizado no laboratorio e no informe elaborado ao terminar a proba. Neste valorarase a redacción, estrutura e presentación do mesmo, a análise e o tratamento de datos realizado, así como as conclusións alcanzadas.

A competencia CT17 avalíase en base ao traballo realizado no laboratorio, onde as prácticas realízanse en grupos de 2 alumnos.


.
25 B3
B4
C21
D2
D6
D9
D10
D17
Exame de preguntas obxectivas A proba final de avaliación realizarase ao final do período de clases en data establecida polo centro. A proba, que é de carácter teórico-práctico, estará formada por unha banda de resolución de problemas curtos e outra de cuestións relativas ás prácticas de laboratorio desenvolvidas. Nela avaliarase a asimilación por parte do alumno dos conceptos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia.
As competencias CG3, CG4 e CE21 avalíanse no exame de teoría, en función das respostas do alumno ás preguntas expostas.
As competencias CE21, CT2 e CT9 avaliaranse no exame de problemas, en base á resolución de varios problemas de Enxeñaría Química, para o que terá que aplicar coñecementos adquiridos na aula.
A competencia CT10 avaliarase en ambas as partes, posto que ambos os exames esixen a capacidade de análise e síntese. Ademais, en ambos casos, o resultado obtido é unha medida do traballo autónomo realizado.
25 B3
B4
C21
D2
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Criterios a seguir para a cualificación final
1. Estudantes que seguen a avaliación continúa
A cualificación final dos/as estudantes que cursan a materia en réxime
de avaliación continua realizarase de acordo cos seguintes
criterios. 
a) Obrigatoriedade de facer e aprobar o “exame
de preguntas obxectivas” e a proba “práctica de laboratorio”.
NON aprobará a materia
quen non realice e/ou aprobe ambas probas (exame de preguntas obxectivas e
práctica de laboratorio). Ambas probas supoñen o 50% da cualificación total.

b) O/a estudante que cumpra a condición
dada no apartado a) aprobará a materia a condición de que a suma das cualificacións
obtidas en todas as metodoloxías/probas de avaliación recollidas nesta
guía sexa maior ou igual a 5.

2. Estudantes con renuncia oficial á avaliación continúa
Aqueles estudantes aos que a dirección da escola conceda a
renuncia á avaliación continua deberán realizar e aprobar un exame final
consistente en: i) resolución de problemas curtos (30% da nota total), ii)
cuestións sobre fundamentos teóricos da experimentación (20% da nota
total) e iii) preguntas relacionadas coa experimentación no laboratorio
(50% da nota total).

Segunda Convocatoria
Manterase a cualificación das probas de resolución de problemas e/ou
exercicios e o informe de prácticas debendo realizar as demais probas de
avaliación establecidas.


Para o estudantado que renuncie á avaliación continua rexen os
mesmos criterios que na primeira convocatoria.

Compromiso ético: Agardase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000