PRIMEIRA EDICIóN: A avaliación continua realizarase durante
o periodo de impartición da materia, segundo os criterios establecidos no
criterios establecidos no apartado anterior. Para superar a materia na primeira edición da acta, deberáse acadar un 40%
como mínimo da nota asignada ao exame final (2 ptos/5 puntos). A nota
correspondente á materia, será (neste caso) a suma da nota alcanzada no exame
realizado na data marcada polo centro e a nota da avaliación continua. No caso de que non se acade o 40% da nota asignada ao exame, a materia
non se considerará superada. A nota que figurará na acta será a
correspondente á máxima cualificación obtida, ben na avaliación continua, ben
no exame. Aqueles alumnos que oficialmente renuncien á avaliación continua,
farán un exame sobre a totalidade dos contidos (impartidos tanto nas
clases teóricas como nas prácticas) na data marcada polo centro, sobre unha
puntuación de 10 puntos. SEGUNDA EDICIÓN (exame de Xullo): Na segunda edición da acta, manteráse a nota da avaliación continua ,
agás que o alumno, no prazo establecido polo profesor/a, comunique a súa
renuncia. Neste caso, para superar a materia manteránse os mesmos
requisitos que na primeira edición da acta. No caso de renuncia á nota da avaliación continua, ben de forma voluntaria
ben de forma oficial, para aprobar a materia, o alumno deberá obter 5 puntos
sobre 10 no exame final. Os contidos obxecto de avaliación neste examen ,
corresponderán a á totalidade da materia impartida ( teoría + prácticas). Compromiso Ético: Espérase que o alumno/a presente un
comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non
ético (copia, plaxio, emprego de aparellos eléctricos non
autorizados, e outros) considerarase que ó alumno non reune os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a cualificación
global non presente curso académico sera de suspenso (0.0). |