É moi recomendable que os alumnos teñan coñecementos suficientes da álxebra dos
números complexos e coñecementos básicos de teoría de circuítos:
• En concreto, esta materia parte e apóiase dos contidos estudados en Física II, realizando un mero repaso no primeiro tema “Introdución” daqueles aspectos relacionados directamente coa Teoría Circuítos, primeiro bloque didáctico de Fundamentos de Electrotecnia. É por tanto recomendable, para o correcto seguimento da materia, ter aprobada Física II.
• Por outra banda, todo o cálculo en R.E.S., que abarca o 80% do curso, realízase aplicando operacións de números complexos (suma, resta, multiplicación, división, conxugado….), por tanto é fundamental dominar a álxebra de números complexos (Matemáticas I) para poder seguir adecuadamente esta materia.
Por todo iso, é conveniente superar as materias dos cursos inferiores ao curso en que está situado esta materia, especialmente Matemáticas I e Física II, antes de matricularse de Fundamentos de Electrotecnia. |