Pautas para a mellora e a recuperación:
No caso de que un alumno non aprobe a materia na primeira convocatoria,
dispón dunha segunda convocatoria no presente curso académico. A cualificación
final correspondente a esta segunda convocatoria obterase como resultado de
sumar as seguintes notas: 1.- A nota obtida na avaliación das prácticas de laboratorio na primeira
convocatoria, cun peso do 30% da cualificación final. 2.- A nota obtida na avaliación dun exame final realizado nesta convocatoria
que englobará contidos de toda a materia. O peso desta nota é do 70% da
cualificación final. Para aprobar a materia nesta segunda convocatoria é necesario obter unha
puntuación final igual ou superior a 5 puntos. Unha vez rematado o presente curso académico as notas obtidas no exame
final perden a súa validez. A nota obtida na avaliación de prácticas manterase
durante dous cursos académicos agás que o alumno desexe facelas novamente. Avaliación estudantes con renuncia a avaliación
continua.
Os estudantes aos que lles foi concedida a renuncia
á avaliación continua terán que realizar un exame teórico (na data fixada pola
dirección do centro) e un exame práctico en laboratorio (na data que se propoña
en función da disponibilidade do laboratorio), sobre unha puntuación máxima de
10 puntos cada un. A nota final será a media
de ambas as dúas e para superar a materia o estudante terá que obter, polo
menos, unha nota media igual ou superior a 5 puntos Compromiso ético.
Espérase que o alumno presente un
comportamento ético axeitado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global no presente curso académico será de
suspenso (0.0). |