Débense superar ambas partes (exame final e prácticas) para aprobar a materia, obténdose entón a nota total segundo a porcentaxe indicada anteriormente. No caso de non superar algunha das partes, aplicarase un escalado ás notas parciais, de forma que a nota total non supere o 4,5. De non aprobar as prácticas en avaliación continua ao longo do cuadrimestre, non se poderá aprobar a materia na primeira convocatoria do curso. Na segunda convocatoria, poderá presentarse a un único exame de prácticas de laboratorio que permitiría, en caso de superalo, aprobar as prácticas, e con iso ter opcións de aprobar a materia. Para a consideración de presentada/o ou non presentada/o só se terá en conta a participación no exame final. Na segunda convocatoria do mesmo curso, o alumnado deberá examinarse das partes non superadas na primeira convocatoria, cos mesmos criterios que nela. Compromiso ético: Espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (como copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, entre outros) considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). |