Avaliación: a cualificación final (CF) do alumno determinarase tendo en conta a nota de avaliación continua (EC) e a do exame final (EF). A nota de avaliación continua puntuarase sobre 2 e a do exame final sobre 10. A cualificación final obtense segundo a seguinte expresión: CF= EC+(10- EC) EF/10 Exemplos: - EC=2 e EF=3. A cualificación final é CF=2+8 3/10=4.4 (Suspenso) - EC=2 e EF=3.75. A cualificación final é CF=2+8 3.75/10=5.0 (Aprobado) - EC=1 e EF=7. A cualificación final é CF=1+9 7/10=7.3 (Notable) - EC=0 e EF=9. A cualificación final é CF=9 (Sobresaliente) Os puntos alcanzados por Avaliación Continua terán validez nas dúas convocatorias oficiais (1ª e 2ª edición) de exame do curso. Ningunha das cualificacións obtidas no exame final da primeira edición (de ningun tipo de avaliación realizada no exame final) gardarase para a segunda edición. Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados...), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético detectado, poderíase concluír que o alumno non alcanzou as competencias da materia. IMPORTANTE: esta é unha tradución da guía docente en castelán. En caso de conflito prevalecerá a versión en castelán. |