ALUMNOS SEN AVALIACIÓN CONTINUA O estudante, neste caso debe facer unha proba de avaliación ou exame final de toda a materia que inclúe: - Test (entre 7 e 10 puntos sobre 10) cun mínimo de 10 preguntas de elección múltiple (prioritariamente con resposta<*br />única) nas que cada resposta errada resta ata un máximo de 0.5 do valor da pregunta. No test pódense facer<*br />preguntas tanto dos contidos desenvolvidos nas clases de aula como nas clases de prácticas. - Problemas e/ou exercicios (cun máximo de 3 puntos sobre 10)
ALUMNOS CON AVALIACIÓN CONTINUA Os alumnos deberán realizar a totalidade das actividades prácticas e de avaliación encomendadas polo profesor, obtendo unha cualificación mínima en cada unha delas de 4 puntos sobre 10 posibles. Cada falta de asistencia non xustificada suporá unha penalización na nota final da materia, proporcional ao número total de faltas. Deberase obter unha nota global superior a cinco puntos sobre 10 para superar a materia.
SEGUNDA CONVOCATORIA: Na segunda convocatoria o sistema de avaliación terá en conta as partes superadas de a materia na avaliación continua, utilizando nas demais partes os procedementos descritos para a avaliación non continua.
Compromiso ético: Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamiento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento no ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, y otros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0). |