Estudo de casos |
Resolución de casos realistas propostos. |
65 |
|
|
C14
|
D9
|
A avaliación será feita segundo as puntuacións no dous bloques de traballo: # cálculo con estándares (35%) # caso-de-estudo: proxecto (65%). O alumn@ debe obter polo menos un 35% da puntuación en cada bloque para pasar a avaliación.
A avaliación continua farase considerando os exercicios e casos-de-estudo entregados. Si calquer alumn@ renuncia (oficialmente) á avaliación continua, a avaliación será feita co exame e os casos-de-estudo. A distribución da avaliación será de 35% para o exame e 65% para os casos-de-estudo.
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0).
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). |