1. AVALIACIÓN CONTINUA PROBAS DE AVALIACIÓN CONTINUA (40%) - Cualificación A0 (20%) obterase
mediante exames de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques I
e II - Cualificación L0 (20%) obterase
mediante a resolución de problemas sobre os contidos do bloque III.1 (10%) e
informes de prácticas (ou informes temáticos) sobre os contidos do bloque III.2
(10%). Á cualificación L0 só poden optar alumnos que asistisen regularmente ao
laboratorio EXAME FINAL (60%) - Realízase na convocatoria de
decembro-xaneiro - Cualificación T1 (30%) obterase
mediante un exame de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques
I e II - Cualificación P1 (30%) obterase
mediante resolución de problemas sobre os contidos dos bloques I e II CUALIFICACIÓN GLOBAL - Cualificación global G1 obtense
como G1 = T1 + P1 + L0 + A0 - Para aprobar a materia é condición
necesaria e suficiente obter unha cualificación global G1 maior ou igual a 5 2. AVALIACIÓN AO FINAL DO CUADRIMESTRE EXAME SUBSTITUTIVO DAS PROBAS DE AVALIACIÓN CONTINUA
(40%) - Realízase o mesmo día que o exame
final (decembro-xaneiro) - Cualificación A1 (20%) obterase
mediante exames de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques I
e II - Cualificación L1 (20%) obterase
mediante a resolución de problemas sobre os contidos do bloque III.1 CUALIFICACIÓN GLOBAL - Neste caso a cualificación global
G1 obtense como G1= T1 + P1 + L1 + A1 - Para aprobar a materia é condición
necesaria e suficiente obter unha cualificación global G1 maior ou igual a 5 - No caso de que se dispoña xa
dalgunha das cualificacións L0 ou A0 (ou ambas), pode escollerse entre: a)
realizar a proba correspondente a L1 e/ou A1. Neste caso, L1 substitúe e anula
a L0 mentres que A1 substitúe e anula a A0 b) utilizar L0 e/ou A0 en lugar de
realizar a proba correspondente a L1 e/ou A1, respectivamente 3. AVALIACIÓN EN SEGUNDA CONVOCATORIA (XUÑO-XULLO) EXAME FINAL (60%) - Realízase na convocatoria de
xuño-xullo - Cualificación T2 (30%) obterase
mediante un exame de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques
I e II - Cualificación P2 (30%) obterase
mediante resolución de problemas sobre os contidos dos bloques I e II EXAME SUBSTITUTIVO DAS PROBAS DE AVALIACIÓN CONTINUA
(40%) - Realízase o mesmo día que o exame
final (xuño-xullo) - Cualificación A2 (20%) obterase
mediante exames de preguntas de desenvolvemento sobre os contidos dos bloques I
e II - Cualificación L2 (20%) obterase
mediante a resolución de problemas sobre os contidos do bloque III.1 CUALIFICACIÓN GLOBAL - Neste caso a cualificación global
G2 obtense como G2 = T2 + P2 + L2 + A2 - Para aprobar a materia é condición
necesaria e suficiente obter unha cualificación global G2 maior ou igual a 5 - No caso de que se dispoña xa
dalgunha das cualificacións L0, L1, A0 ou A1, pode escollerse entre: a) realizar a proba correspondente a
L2 e/ou A2. Neste caso, cada nova cualificación substitúe e anula á anterior do
mesmo tipo (L0 ou L1 e/ou A0 ou A1, respectivamente) b) para cada tipo, utilizar a
cualificación que xa se ten (L0 ou L1 e/ou A0 ou A1) en lugar de realizar a
proba correspondente (L2 e/ou A2) 4. NOMENCLATURA DE CUALIFICACIÓNS - L = a máis recente das cualificacións
L0, L1 ou L2 - A = a máis recente das
cualificacións A0, A1 ou A2 - T = T1 en convocatoria de xaneiro
(1º edición) ou T2 en convocatoria de xullo (2º edición) - P = P1 en convocatoria de xaneiro
(1º edición) ou P2 en convocatoria de xullo (2º edición) - G = G1 en convocatoria de xaneiro
(1º edición) ou G2 en convocatoria de xullo (2º edición) - En calquera das dúas convocatorias
oficiais obtense a cualificación global como G = T + P + L + A - Para aprobar a materia é condición
necesaria e suficiente obter unha cualificación global G maior ou igual a 5 5. NORMAS DE AVALIACIÓN COMPLEMENTARIAS - É obrigatorio levar o DNI ou
documento identificativo equivalente aos exames - Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as
probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un
dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo
de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación
global será "suspenso (0,0)" - As probas de avaliación e a súa
corrección serán realizadas conxuntamente polo colectivo de profesores que
imparten a materia - Aqueles alumnos que non se
presenten ao exame final obterán como cualificación global "non presentado" - As datas dos exames en cada
convocatoria serán as asignadas pola Dirección da E.E.I. - Tanto os exames da convocatoria fin
de carreira como os que se realicen en datos e/o horarios distintos a os
fixados oficialmente polo centro, poderán ter un formato de exame distinto a o
detallado anteriormente, aínda que as cualificacións (L, A, T e P) conservarán
o mesmo valor na cualificación global G. - Darase a coñecer con suficiente
antelación a data e as horas de revisión de exames. Fóra desas horas non será
posible, excepto por causas debidamente xustificadas e demostradas 6. COMPROMISO ÉTICO Espérase que o alumno presente un
comportamento ético adecuado. No caso de que se detectase un comportamento non ético
(copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, ou
outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso
académico será "suspenso (0,0)" |