Guia docente 2022_23
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia cérvico-cráneo-mandibular
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición dos contidos por parte do/a docente. As sesións teóricas inclúen actividades para a resolución de problemas e estudos de caso.
Prácticas de laboratorio Demostración por parte do profesorado das técnicas de valoración ou tratamento que realizará o alumnado por parellas baixo a supervisión do profesorado.
Traballo tutelado O traballo será realizado en grupos. Consistirá nun protocolo de aplicación dun caso clínico que será establecido polo profesorado. Esta actividade contribuirá a unha aprendizaxe colaborativa.
O alumnado terá que facer unha presentación do traballo.
Actividades introdutorias O profesorado presentará a materia ao alumnado e reunirá información deste.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000