Guia docente 2022_23
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Inglés para ciencias da saúde
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo O/a alumno/a realizará we entregará traballos ó longo do cuadrimestre 40 A2
A5
B1
B3
B4
D2
D3
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento O/a alumno/a realizará un exame oral en inglés desenvolvendo os contidos traballados nas clases 50 A2
A5
B1
B2
B3
B4
C4
D3
D4
D5
Práctica de laboratorio Participación activa en cada unha das tareas prácticas plantexadas. 10 A2
B2
B3
B4
C4
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Existen dous sistemas de avaliación. A elección dun sistema exclúe ao outro.

A1) AVALIACIÓN CONTINUA

Para poder acollerse ao sistema de avaliación continua é necesario asistir a clase para demostrar aproveitamento, participación, entrega de tarefas puntuais que non se poden recuperar fóra da aula.  

Os alumnos que se acollan á avaliación continua se lles computará:

1) Un 10% da cualificación final coa participación en clase (participación nas actividades de clase, realización de exercicios prácticos)

2) Un 40% da cualificación final con exercicios e probas ó longo do cuadrimestre: Preparación e entrega de traballos para completar a unidade didáctica abordada, exposicións orais e outros traballos (a entregar en man e/ou por Moovi). Os traballos solicitados deberán entregarse ou presentarse nos prazos e datas marcados. Os traballos non realizados ou entregados fora de prazo computaranse cunha cualificación de 0,0 puntos.

3) Un 50% cunha proba final oral (tipo role play)

A nota final calcularase coa media ponderada das diferentes partes, debendo obter un mínimo dun 4 en todas elas. No caso de non acadar o 4 nalgunha das partes, a asignatura estará suspensa.

O alumnado que non supere a evaluación continua na primeira edición das actas terá que facer a proba da segunda edición das actas, que suporá o 100% da calificación final (ver apartado B).

A2) AVALIACIÓN NON CONTINUA

A avaliación única (avaliación non continua) consistirá nunha proba global final (100%) que se realizará na mesma data que a proba final do alumnado que se acolla á avaliacion continua (apartado (3) de arriba).

Para o alumnado da avaliación non continua, esta proba final consistirá en:

1) unha proba escrita (50%)

2) unha proba oral (50%). 

A proba oral terá lugar a continuación da proba escrita. 

Para superar a materia deberá acadarse un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das dúas partes. De non cumprirse este requisito, aínda que a media aritmética das dúas partes sexa 5 ou superior, a/o alumna/o non superará a materia. 

B) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado que non supere a materia na primeira edición de actas poderase presentar en xuño/xullo para a segunda
edición de actas na data oficial fixada pola Xunta de Facultade.

A avaliación consistirá en dúas probas:

1) unha proba escrita (50%)

2) unha proba oral (50%). 

A proba oral terá lugar a continuación da proba escrita. 

Para superar a materia deberá acadarse un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das dúas partes. De non cumprirse este requisito, aínda que a media aritmética das dúas partes sexa 5 ou superior, a/o alumna/o non superará a materia. 

  

Compromiso ético: espérase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo), a cualificación global será de suspenso (0,0).


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000