Guia docente 2022_23
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Inglés para ciencias da saúde
   Contidos
Tema Subtema
0. Introdución á comunicación Recoñecer os diversos elementos que constitúen a comunicación (comunicación verbal, non verbal, etc.). Comprender como unha boa comunicación beneficia á entrevista a un/ha paciente. Os numerais. Vocabulario relacionado coa saúde e a sanidade.
1. Recibindo ó/á paciente. Saudar ós/ás pacientes e facer que se sintan cómodos/as. Presentarse e explicar o papel do/da fisioterapeuta. Facer a pregunta inicial e explicar os pasos da entrevista.

2. Motivo da visita Animar ós/ás pacientes a que se expliquen coas súa propias palabras. Entender e anotar adecuadamente o motivo da visita. Preguntar sobre o tipo e intensidade da dor. Utilizar técnicas como a facilitación, a repetición e a clarificación.
3. Anotar a historia médica do/da paciente e a súa familia. Dar resultados. Planificar o tratamento e pechar a entrevista. Tratar temas delicados. Dar malas novas.
4. Examinar a un/ha paciente Preparar e dar confianza ó/á paciente durante o exame. Explicar os procedementos do exame. Dar instruccións comprensibles e óptimas para ó/á paciente.
5. Dar resultados Explicar os resultados de maneira que os/as pacientes os comprendan e os lembren. Animar ós/ás pacientes a que expresen os seus medos e preocupacións. Explicar a terminoloxía médica. Dar un pronóstico.
6. Planificar o tratamento e pechar a entrevista. Explicar o tratamento ó/á paciente. Barallar opcións. Describir os beneficios. Aconsellar sobre o estilo de vida. Negociar o tratamiento. Pechar a entrevista.
7. Tratar temas delicados. Tratar temas delicados sen prexuizos nin xuizos de valor. Saber ver e responder ás sinais do/a paciente. Empregar as preguntas da técnica CAGE.
8. Habilidades escritas dun/ha profesional da saúde Ortografía médica. Escribir notas a pacientes. Abreviaturas médicas estándar.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000