Guia docente 2022_23
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia xeral I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame teórico de 10 preguntas curtas (duración máxima de 2 horas). Tódalas preguntas terán o mesmo valor. Para superalo, o alumno terá que acadar, polo menos, 2 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos).
Quen non faga a actividade de quebracabezas ao inicio da materia, terá que facer unha pregunta máis no exame teórico sobre os contidos que se traten en dita actividade.
Ademais, o exame teórico constará de dous bloques e en cada un deles haberá que acadar un mínimo dun 4 (nunha escala de 0 a 10 puntos) para que faga media co outro bloque.
40 B3
C1
C12
C17
C34
C36
Práctica de laboratorio Exame práctico onde o alumno contesta dun modo práctico a 6 supostos (sesenta minutos de duración; deses sesenta minutos, unha das preguntas de masaxe consistirá en aplicar unha masaxe sobre unha zona corporal durante 20 minutos). Estes supostos prácticos son elixidos ao azar polo alumno dentro do conxunto de casos clínicos que se fixeron ao longo do curso.
Todas as preguntas valoraranse de 0 a 10 puntos, pero cun peso diferente dentro do exame práctico. Así, a pregunta longa de masaxe clásica suporá o 40% da cualificación final no exame práctico, o 20% a pregunta de hidroterapia, e o resto das preguntas o 10% (masaxe transverso profundo, drenaxe linfático, miofascial e crioterapia/termoterapia).
Para poder realizar o exame práctico, hai que presentarse primeiro ao teórico.
Farase un sorteo público para determinar a partir de que estudante da comezo o exame práctico.
Para superar o exame, o alumno terá que acadar, polo menos, 3 puntos (corresponde a un 5 nunha escala de 0 a 10 puntos).
Ademais, en ningún dos dous bloques de que se compoña o exame práctico poderase acadar menos dun 4 (nunha escala de 0 a 10 puntos) para que faga media co outro bloque.
60 A2
B3
C7
C12
C14
C15
C16
C17
C18
C34
C36
D1
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación





Ao alumnado que non
supere a materia gardaránselle os bloques de exame superados (ter un 5 de 10
ou máis) para a convocatoria de segunda oportunidade dentro do mesmo ano
académico.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000