Guia docente 2022_23
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Cinesiterapia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral O exame teórico constará de 5 preguntas de desenvolvemento
relacionadas cos contidos teóricos da asignatura.
Resultados de aprendizaxe: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6, RA7, RA8.
50 A2
C1
C7
C12
C15
C16
C36
D1
Prácticas de laboratorio O exame práctico constará de 5 preguntas relacionadas cos contidos prácticos da asignatura.
Resultados de aprendizaxe: RA9, RA10.
40 A2
B1
C15
C16
D1
Traballo tutelado A realización e exposición e defensa do traballo en grupo nos prazos establecidos o inicio do curso é obrigatoria para
superar a materia. Esta actividade inclúe a busca e recollida de
información, lectura e manexo de bibliografía, redacción e análise
crítica do traballo, asi como tamén a presentación, exposición e a defensa do traballo.
Resultados de aprendizaxe: RA10, RA11.
10 A2
B1
B4
C3
C12
C15
C16
C20
C21
C36
D1
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas oficiais dos exames do curso académico 2022/2023 publicanse na web do centro http://fisioterapia.uvigo.es/gl/e na plataforma moovi da asignatura https://moovi.uvigo.gal/.

Para aprobar a materia é necesario aprobar por separado a teoría (obter a lo menos un 5 na escala de 0 a 10) e a práctica (obter a lo menos un 5 na escala de 0 a 10) así como presentar e defender o traballo da materia nas datas establecidas na plataforma moovi (obter a lo menos un 5 na escala de 0 a 10).

Para poder presentarse ao exame práctico, o alumno debe presentarse ao exame teórico.

Evaluación continua:

O alumnado poderá optar por unha evaluación continua da asignatura. 

Respecto aos contidos teoricos, que supoñen un 50% da cualificación definitiva, o exámen teórico final representará un 20% desta mentres que a avaliación continua terá un valor de 30%.

Respecto aos contidos prácticos, que supoñen un 40% da cualificación definitiva, o exámen práctico final representará un 20% desta e a avaliación continua tamén terá un valor dun 20%.

As/os estudantes recibirán información sobre a avaliación continua de forma regular (despois de realizar probas/actividades) para que poidan seguir mellorando e progresando ao longo do curso.

O profesor explicará na presentación da asignatura as actividades a desenvolver na evaluación continua e as normas a seguir. Toda esta información estará disponible tamén na plataforma moovi da asigntura.

Consideracións:

Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (i.e. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecemento ou destreza alcanzado por un/a alumno/a en calquera tipo de proba, informe ou traballo deseñado con este propósito. As condutas fraudulentas poderán supor suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, póidase solicitar a apertura dun expediente disciplinario no reitorado.

Compromiso ético:

O alumnado debe presentar un comportamento ético adecuado. En caso dun comportamento non ético (copia de seminarios, plaxio de traballos, uso de equipos electrónicos non autorizados, etc.) que impida o desenvolvemento correcto das actividades docentes, considerarase que a/o alumna/o non reúne os requisitos necesarios para superar a materia, e neste caso a súa cualificación no curso académico actual será de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

Gravación de imaxe e/ou audio: Salvo autorización expresa por parte do/a profesor/a, non estará permitida a gravación, total ou parcial, tanto de son como de imaxe, das clases maxistrais, seminarios ou prácticas da materia, conforme as previsións da Lei de Propiedade Intelectual, da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal e da Lei Orgánica de Protección Civil do Dereito á Honra, á Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxe. En función, no seu caso, do uso posterior que se lle dese, a gravación non consentida pode dar orixe a responsabilidades civís, disciplinarias, administrativas e, eventualmente, penais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000