Guia docente 2022_23
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Bioquímica-Física: Bioquímica e biofísica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Prácticas laboratorio: asistencia e participación en tódalas prácticas da materia. Para superar a materia é obrigatoria a asistencia a todas as sesións de prácticas e a presentación dun informe individual de cada sesión. 20 D1
D2
D3
D4
D7
Lección maxistral O exame teórico é tipo test, as preguntas mal contestadas restan. 80 C6
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A realización das prácticas é OBRIGATORIA para superar a materia (excepto para o alumnado que xa fixera as prácticas en cursos anteriores).

O exame teórico terá un valor do 80% da cualificación e as prácticas un 20%.

Calquera outro criterio (p.e. asistencia a clase) rexerase polas normativas xerais e específicas da Universidade de Vigo e da Facultade de Fisioterapia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000