Guia docente 2022_23
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Química: Química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliarase, mediante a realización en aula de varios test, a consecución dos resultados de aprendizaxe e as competencias relacionadas cos contidos teóricos da materia vistos en clases de teoría.
10 A1
C4
D1
D4
D5
D8
Seminario Avaliarase, mediante a resolución en aula de varios problemas, a consecución dos resultados de aprendizaxe e as competencias relacionadas coa aplicación dos conceptos da materia.


10 A1
C4
D1
D3
D4
D5
D8
D9
Prácticas de laboratorio A realización das prácticas é requisito "sine qua non" para aprobar a materia.
Ao finalizar as prácticas realizarase unha proba tipo test ou de preguntas de resposta curta sobre os contidos das mesmas que terá un valor de 5%.
Tamén se otorga un valor de 5% á actitude e o traballo durante a estancia no laboratorio.
10 A1
C4
D1
D4
D5
D8
D9
D13
Resolución de problemas e/ou exercicios En las fechas oficiales se hará un examen de resolución de problemas y/o ejercicios de la materia, para evaluar la consecución de los resultados de aprendizaje relacionados con la aplicación a problemas de los conceptos de la materia.
Previamente, a lo largo del curso, se fijará fecha para un examen no oficial de problemas y/o ejercicios de la parte A de la materia, que tendrá un valor de 20 % y que se complementará con el examen de la parte B realizado posteriormente, en la fecha oficial, y que tendrá el mismo valor (20%)
40
Exame de preguntas obxectivas Nas datas oficiais farase un examen tipo test para avaliar os resultados de aprendizaxe relacionados cos contidos teóricos da materia.

30 A1
C4
D1
D4
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) Convocatorias 1ª e 2ª Oportunidade

Con carácter xeral, a avaliación da materia será continua e a cualificación final se determinará de acordo coa siguiente ponderación: 

exames de teoría, 30%; exames de problemas, 40%; prácticas de laboratorio, 10%; tests en aula, 10%; problemas en aula, 10%

Prácticas de laboratorio

De forma xeral, a realización das prácticas de laboratorio dunha maneira satisfactoria é requisito indispensable para superar a materia. Por outra parte, realizarase un exame tipo cuestionario, para o cal se fixará unha convocatoria específica. A cualificación das prácticas dependerá da labor experimental realizada no laboratorio e da nota obtida no cuestionario. Esta nota quedará consolidada para a 2ª oportunidade. O alumnado que fixo as prácticas en cursos anteriores conservará a nota conseguida no seu momento.

Entregas de aula

Ao longo do curso, organizarase a realización de 4 entregas: 2 relativas á parte A (Temas 1-8) e 2 relativas á parte B (Temas 9-15). Cada entrega terá unha duración de 1 hora e consistirá en 1 cuestionario de 10 preguntas tipo test e 2 problemas. Todas estas entregas se farán na aula habitual e en horario de clase. A nota das entregas quedará consolidada para a segunda oportunidade.

Examen parcial 

Ao finalizar a parte A da materia (Temas 1-8) realizarase un exame parcial, que é opcional. Considerarase que o parcial está aprobado cando se obteña como mínimo un 3.5/10 en teoría e un 3.5/10 en problemas e 5 no resultado de aplicar a ecuación: 

Nota parcial A=nota teoría*0.40+ nota problemas*0.60. 

Os alumnos e as alumnas que superen o parcial terán que examinarse soamente da Parte B nas datas fixadas oficialmente para os exames de 1ª e 2ª oportunidade. 

Cálculo da nota final e restriccións

A nota final da materia será o resultado de aplicar a seguinte ecuación:

Nota final=Nota teoría*0.30+Nota problemas*0.40+Tests en aula*0.10+Problemas en aula*0.10+Prácticas*0.10 

Para superar a materia terán que obter unha nota global igual ou superior a 5 e ter unhas notas mínimas de 3.5/10 en teoría e 3.5/10 en problemas (calculadas como medias das partes A e B do temario) e non ter notas inferiores a 3 en ningún exame (sexa de teoría, sexa de problemas).

Non obstante, nos casos  nos que o resultado de aplicar a ecuación anterior iguale ou supere o valor de 5, pero non se cumpla algún requisito de notas mínimas dos antes citados, a nota en actas será 4.9 (suspenso). 

B) Convocatoria Fin de Carreira e modalidade non presencial 

Os alumnos e as alumnas con responsabilidades laborais ou situación persoal excepcional poderán solicitar ao coordinador da materia (sempre antes do 31 de marzo) ser avaliados mediante una avaliación única (modalidade non presencial). Para isto, deberán acreditar a devandita situación. Nestes casos, a nota final da materia calcularase da seguinte forma: 

Nota final=Nota teoría*0.40+Nota problemas*0.60 

Para superar a materia terán que obter unha nota igual ou superior a 5. Non obstante, nos casos  nos que o resultado de aplicar a ecuación anterior iguale ou supere o valor de 5, pero non se cumplan os requisitos de notas mínimas citados para 1ª e 2ª convocatoria, terán unha nota de 4.9 en actas.

Para a convocatoria de Fin de Carrera, a avaliación realizarase mediante un exame de teoría e un exame de problemas e a nota se calculará de maneira idéntica á descrita para alumnos en modalidad non presencial.

As datas dos exames serán as publicadas no taboleiro de anuncios e/ou na web do Centro. O exames realizaranse de forma presencial, salvo que a U. de Vigo decida o contrario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000