Guia docente 2022_23
Facultade de Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Da Inxustiza da Desigualdade á Riqueza da Diferenza
   Competencias
Código Descrición
B1 Adquirir unha formación teórica de carácter multidisciplinar e comprender os fundamentos teóricos-prácticos relacionados cos ámbitos de diversidade, con énfase nas necesidades educativas especiais, interculturalismo, compensación de desigualdades, sexo/xénero e educación de persoas adultas.
C1 Comprender os principios básicos dos grandes ámbitos da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar, sendo capaz de decribir e comparar as diferentes correntes teóricas dominantes en cada ámbito da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar
C3 Ser capaz de analizar prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, detectando puntos fortes e débiles, con especial énfase nas de carácter innovador
C4 Realizar estudos sistemáticos, sobre todo os que impliquen avances de prácticas educativas, sendo capaz de difundilos con claridade a diverso tipos de audiencias.
C9 Comprender, analizar e valorar as dimensións éticas e políticas implícitas nos procesos educativos formais e non formais en contextos de diversidade
C13 Promover unha actitude positiva cara as ideas e as prácticas educativas innovadoras relacionadas coa diversidade
D3 Adquirir condutas de respecto e de axuda. Ser sensibles a todo tipo de diversidade
D4 Adquirir as habilidades básicas para o debate e a exposición de ideas fundamentadas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000